Friday 03 de May de 2024

Un total de 52 alumnos e alumnas do IES Oroso reciben os seus diplomas de participación nun obradoiro de introdución ao coaching


Un total de 52 alumnos e alumnas do IES Oroso recibiron os seus diplomas acreditativos de ter participado nun obradoiro de introdución ao coaching, organizado polo Concello de Oroso en colaboración co IES de Oroso dentro do Programa Activa 2014. O concelleiro de Ensino, Antonio Leira, que xa participara no primeiro dos obradoiros, impartidos en outubro de 2014, foi o encargado de entregar os diplomas acreditativos ao alumnado.

Grazas a estes obradoiros, os alumnos e alumnas do IES de Oroso aprenderon que tirar das súas experiencias e ideas propias para favorecer o seu desenvolvemento persoal é o único camiño cara o éxito. Así, os rapaces aprenderon a liberarse dos pensamentos negativos e de pensar só nas propias limitacións. Pola contra, entenderon que o camiño cara o éxito pasa por aprender a valorar o que cada un ten, ser consciente de que se poden cambiar as cousas e manter o nivel de optimismo preciso para conseguilo.